É arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia pola USC. É profesora contratada doutora na Área de Prehistoria da Universidade de Vigo.
Tamén coordina o Mestrado Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade e o módulo do Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural e é membro da Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio.

É investigadora principal no Grupo I+D GEAAT Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Universidade de Vigo). Áreas de interese: Xeografía Física, Patrimonio Natural e Cultural; Territorios de interior e rurais; Innovación docente.

Investiga en diversos proxectos relacionados co patrimonio arqueolóxico e a súa difusión e socialización, como o Proxecto Urdiñeira, e San Vitor de Barxacova, Alto Támega, IDEOU, ou o Proxecto ENARDAS. Actualmente é investigadora no proxecto “Corpos de Pedra” – Estelas e estátuas-menir do Alto Tâmega e Barroso” (CORPE). É membro da rede COODTUR- Red Internac. Investigadores en Turismo, Cooperación y Desarrollo.

É autora de diversas publicacións e de varios blogs de difusión ou de reflexión sobre a presenza da arqueoloxía e o pasado na sociedade actual, como Pasado Reciclado.

https://uvigo.academia.edu/BeaComendador
ORCID 0000-0002-7717-6464
https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=29334

É doutora en Xeografía Física pola USC. Na actualidade, Profesora Titular de Xeografía Física no Departamento de Historia, Arte e Xeografía (Campus de Ourense-Universidade de Vigo).

Imparte docencia no Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio e no Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural.

É investigadora principal no Grupo I+D GEAAT Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Universidade de Vigo). Áreas de interese: Xeografía Física, Patrimonio Natural e Cultural; Territorios de interior e rurais; Innovación docente.

Investigadora en 14 proxectos de investigación dende 1993. Os máis recentes, xa culminados: Territorio, Turismo e Identidade (Plan Nacional I+D+I CSO 1179 2009-2012); Accións na Paisaxe Patrimonial (2013 INOU13-02); Patrimonio Xeomorfolóxico (INOU 2015); Reconversión e Revalorización dos Espazos de Interior (Ministerio de Ciencia y Tecnología CSO 41374-R 2013-2016). Autora de máis de 120 publicacións científicas da súa especialidade.

ORCID 0000-0002-7331-5340
https://www.researchgate.net/profile/Elena_De_Una-Alvarez
https://uvigo.academia.edu/ElenaDeUñaÁlvarez

É doutor en Marine Science, Technology and Management polo Campus do Mar (Campus de Excelencia Internacional). Cursou os mestrados de Química Avanzada e Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria.

É membro do grupo I+D de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio GEAAT (UVigo) e no Grupo de Bioxeoquímica Mariña IIM-CSIC.

Participou en diversos proxectos: Investigador Principal no proxecto “Estado do patrimonio xeomorfolóxico na contorna termal da cidade de Ourense” INOU15-02 (Deputación Provincial de Ourense & UVigo, 2015). Colaborador no proxecto “Coastal contributions of trace elements during different oceanographic periods” MEFIO, CTM2011-28792-C02 (MINECO, 2012- 2015).

É autor de obras colectivas, artigos científicos en revistas indexadas e comunicacións a congresos, relativas a procesos de interrelación sociedade-natureza en base a trazadores xeoquímicos nos sistemas da interface terra-océano; alteracións de orixe natural e antropoxénica nos sistemas fluviáis e estuarinos; e patrimonio natural e cultural relacionado cos ambientes fluviáis.

ORCID ID: orcid.org/0000-0003-4446-3499
Scopus Author ID: 55918317200
https://www.researchgate.net/profile/Miguel_Angel_Alvarez_Vazquez

É doutora en Bioloxía pola UDC. Licenciada con grado en Bioloxía e Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP). Na actualidade profesora interina P6 na área de Xeografía Física, Departamento de Historia, Arte e Xeografía (Campus de Ourense-Universidade de Vigo).

É investigadora no Grupo I+D GEAAT Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Universidade de Vigo).

Participou en diversos proxectos de investigación relacionados coa conservación de augas e solos, sendo investigadora principal do proxecto “Incidencia de la escorrentía sobre la exportación de materiales con un enfoque de modelación para pequeñas cuencas de clima templado húmedo: implicaciones para la gestión de recursos hídricos” (CGL2014-56907R) financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (2015-2016)

É autora de diversos artigos científicos en revistas indexadas e comunicacións a congresos.

ORCID ID: 0000-0002-1608-3969

Scopus Authors: 6602231798

https://www.researchgate.net/profile/Marialuz-Rodriguez-Blanco

É doutora en Filoloxía Galega pola USC. Profesora axudante doutora na Área de Didáctica da Lingua e da Literatura da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (2015).

Imparte materias de Didáctica da Lingua e da Literatura no grao de Educación Infantil e Educación Primaria; é coordinadora e docente do módulo de “Interculturalismo en Contextos Escolares” do Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos (2016-actualidade) e docente do Máster en Literatura Infantil e Xuvenil como achega á formación e desenvolvemento de hábitos lectores (2016-actualidade).

Investigadora en diversos proxectos relacionados coa Literatura Infantil e Xuvenil, como “Tematología y Métodos. Las guerras en la narrativa infantil y juvenil en el Marco Ibérico” (Referencia FFI2013-42702-P), Instituto de Ciencias de la Educación (ICE) de la Universidad de Santiago de Compostela, Ministerio de Economía y Competitividad, Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento, en el marco del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016; e “European Culture: a Contribution for a New Narrative of Europe” (Referencia 574846-EPP-1-2016-1-ES-EPPJMO-PROJECT (2016-2018).

Membro da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI), do grupo de Investigación “A Literatura Infantil Angloxermana e a súa tradución” (AI1) e da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ).

Autora de diversas publicacións en revistas e libros colectivos, como se pode seguir por:

https://uvigo.academia.edu/IsabelMoci%C3%B1oGonz%C3%A1lez
http://orcid.org/0000-0001-6516-168X
https://gl.wikipedia.org/wiki/Isabel_Moci%C (3%B1o
https://dialnet.unirioja.es/buscar/documentos?querysDismax.DOCUMENTAL_TODO=ISABEL+MOCI%C3%91O

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no 2003; Grao en Conservación e Restauración pola Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia con especialidade de Pintura (diplomada no 2005 e grao no 2015) e Mestra en Traballo Social pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) no 2017 con mención honorífica pola tese BIComún, herramientas mancomunadas de protección patrimonial. Una experiencia de intervención social en el barrio de Santiago de la ciudad de Mérida, Yucatán.

Profesora universitaria dende o ano 2008, comeza a súa carreira como docente de Historia da Arte, Historia da Arquitectura e Preservación do Patrimonio na Universidade Inter do Sureste na cidade de Mérida, Yucatán. Dende o ano 2014 é profesora na Licenciatura en Desenvolvemento e Xestión Interculturais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) onde coordina a plataforma de innovación educativa Mundo DyGIs  e imparte as asignaturas de “Xestión do Patrimonio Intanxible”, “Patrimonio Cultural e Preservación”, “Coñecemento, Tecnociencia e Diversidade Cultural”, “Cibercultura aplicada a proxectos interculturais”, “Promoción e Desenvolvemento Cultural”, “Instrumentos para a xestión e cooperación intercultural” nas áreas de Xestión do Patrimonio Cultural, Mediación Intercultural e Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade. No ano 2018 incorpórase como docente na Facultade de Arquitectura, Artes Visuais e Diseño do Hábitat da Universidade Autónoma de Yucatán (UADY) impartindo as asignaturas “Análisis e crítica de arte”, “Estética Clásica” e “Estética Moderna e Contemporánea” na Facultade de Artes Visuais; “Desenvolvemento Comunitario e Xestión” na Facultade de Diseño do Hábitat e cursos sobre metodoloxías para a xestión e participación comunitaria no Mestrado en Conservación do Patrimonio Arquitectónico. Ten compartido cursos na Universidade de Oriente (UNO), na Universidade Felipe Carrillo Puerto e na Universidade Modelo.

Foi conservadora-restauradora e coordinadora de proxectos de xestión comunitaria do patrimonio en área maia no Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH) de México durante 11 anos, realizando informes de intervención e publicacións en revistas mexicanas. Colaborou, entre outros, co proxecto de investigación en conservación de pintura mural prehispánica e estucos modelados do Sitio Arqueolóxico Mayapán no período 2007-2014, gañador do Premio Paul Coremans de Conservación de Bens Mobles otorgado polo Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia de México a Claudia García Solís, coordinadora do proxecto; e no Proxecto Arqueolóxico Chichén Itzá do 2006 ao 2009.

É cofundadora da Asociación Cultural e Axente de Cooperación Galega Niquelarte coa que emprende proxectos de investigación acción participativa (IAP) entre Galicia e Yucatán dende o ano 2010; entre eles o proxecto>BIComún.

Dende o ano 2013 forma parte da equipa directiva do Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural, SOPA Congress, do que foi directora técnica no 2017 en Yucatán. Foi embaixadora e co-investigadora do PEMAN, Programa de Estudios en Mancomún, “Comuns, Ruralidades e Feminismos” promovido pola Universidade de Santiago de Compostela e o colectivo Montenoso durante o ano 2017, no que publicaron o libro colectivo A través das marxes, entrelazando feminismos, ruralidades e comúns. Facilitou a investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita para o #salóndoMARCO do Museo de Arte Contemporánea de Vigo no verán do 2017.

Como xestora cultural y Community Manager do Casal Català da Península de Yucatán A.C. investiga e pon en acción outros modos de facer xestión cultural vencellada aos territorios de Cataluña e Yucatán e integrando a diversidade e a educación patrimonial en relación á memoria da emigración.

É arqueóloga, historiadora e profesora de Ciencias Sociais. É investigadora predoutoral contratada pola Xunta de Galicia na Área de Prehistoria da Universidade de Vigo.

Estudou o Grado de Historia na Universidade de Santiago. Logo especializouse en Arqueoloxía cursando o itinerario de arqueoloxía profesional do Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Territorio das Universidades de Granada e Sevilla, e na docencia a través da especialidade en Ciencias Sociais (Xeografía, Historia e Historia do arte) do Máster en Profesorado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas na Universidade de Granada. Foi bolseira de investigación perante os seus anos de estudante tanto na Universidade de Santiago como na de Granada.

É investigadora no Grupo I+D GEAAT Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Universidade de Vigo). Áreas de interese: Arqueoloxía Pública; Teoría do discurso aplicada a Arqueoloxía e Historia; Difusión do patrimonio arqueolóxico; Identidades de xénero no pasado; Prehistoria Recente.

Na actualidade combina a docencia co desenvolvemento da súa tese de doutoramento, no marco da Arqueoloxía Pública e os estudos de xénero, sobre os discursos xerados arredor da Prehistoria do Noroeste Peninsular dende unha perspectiva de xénero dentro do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural (Universidade de Vigo). Investiga sobre como se constrúe, produce e comunica o coñecemento científico xerado dende a Arqueoloxía á sociedade a diferentes niveis. Dentro de dita investigación o foco central é a análise da inclusión do xénero a través dos principais canles e ámbitos estratéxicos de transmisión do discurso oficial no ámbito galego.

Asemade, participa en diversos proxectos de investigación xunto con outras institucións e asociacións relacionados co patrimonio arqueolóxico e a súa difusión e socialización, así como coa posta en valor do papel das mulleres no pasado e presente dentro da disciplina arqueolóxica, tanto a nivel profesional como docente.

É autora de diversas publicacións e de varios  artigos en revistas divulgativas.

Arqueóloga e investigadora predoutoral pola Xunta de Galicia na Área de Prehistoria da Universidade de Vigo.

Graduada en Xeografía e Historia (2015-2019) pola Universidade de Vigo e especializada en Arqueoloxía no marco do Mestrado Interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (2019-2020) pola UVigo e USC. Foi beneficiaria da Beca de Colaboración do Ministerio de Educación no Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo baixo a liña de investigación “Estudo integral das cerámicas do xacemento do Castelo das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán”. Estudo que foi galardonado na III edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus da Auga na modalidade de TFM. Contratada como Persoal Investigador no proxecto “Recuperación Patrimonial e ambiental do Castro das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán” e Persoal Colaborador en Investigación e Desenvolvemento no grupo de investigación GEAAT (Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio) da Universidade de Vigo.

Na actualidade realiza a súa tese doutoral no Programa Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural pola Universidade de Vigo mediante o cal recibiu o premio de excelencia de inicio de doutoramento 2020/2021. A liña de investigación “Patrimonio cultural:” que está a desenvolver baixo o proxecto “Materialidade e Mobilidade na Prehistoria Recente no territorio do Alto Támega Transfronteirizo” céntrase no estudo interdisciplinar de indicadores de carácter abiótico nun tempo e espazo concreto, o val do río Támega e depresión Regua-Verín dende un carácter integramente transfronteirizo tendo en conta esta vía natural como un vía de circulación de “ideas, materiais e xente”.

É investigadora no Grupo I+D GEAAT. Áreas de interese: Arqueoloxía da Paisaxe, Xeoarqueoloxía, Arqueoloxía Pública, Territorios rurais, Identidade e Memoria.

Participa en diversos proxectos de investigación relacionados co patrimonio arqueolóxico e a súa difusión e transferencia social que se desenvolven na comarca de Monterrei.

É autora de publicacións sobre a investigación que está a desenvolver no Noroeste peninsular.

https://orcid.org/0000-0003-3624-3058

É doutora en Historia, Cultura e Pensamento pola Universidade de Alcalá e licenciada en Xeografía e Historia con especialidade en Prehistoria e Antropoloxía Americana pola Universidade Complutense de Madrid. As súas actuais liñas de investigación están relacionadas, por unha banda, coa Prehistoria Andina e dentro dela coa materialidade do pasado e a significación diacrónica das paisaxes, e polo outro co patrimonio, a memoria e as comunidades. En Perú codirixe o proxecto de investigación arqueolóxica Arte rupestre na Conca do río Tolo, Ancash desde ano 2017,
sendo o primeiro proxecto de investigación formalizado sobre un estudo arqueométrico e contextual da arte rupestre en Perú feito por un equipo de investigación español.

Desde o ano 2016 é docente universitaria. Na Universidade de Ándelos, Colombia impartiu cursos relacionados coas culturas Preclásicas e Clásicas do Vello mundo, na Universidade do Externado de Arqueoloxía Andina e na Pontificia Universidade Javeriana de Colombia de Patrimonio Cultural.
Foi profesora contratada interina da Universidade de Vigo na área de Prehistoria e a profesora convidada no módulo de Arqueoloxía Pública do master interuniversitario de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo. Impartiu tamén cursos de extensión na UNED/UNED e seminarios en diversas institucións relacionadas co patrimonio cultural de Perú, España e Colombia. Conta coa dirección de numerosas intervencións arqueolóxicas adscritas a unha vasta cronoloxía desde a Prehistoria ata a Guerra Civil. Forma parte do equipo do Ecomuseo La Ponte realizando investigación histórica, arqueolóxica e etnográfica e labores de divulgación científica. É a secretaria editorial de Cuadiernu, revista internacional de patrimonio, museología social, memoria e territorio.

https://orcid.org/0000-0001-8457-9416

https://independent.academia.edu/CarmenPerezMaestro

https://www.researchgate.net/profile/Carmen-Perez-Maestro

Graduado en Artes Aplicadas, especialidade Deseño Gráfico, na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Pablo Picasso de A Coruña (1997).

Traballou en diversas intervencións arqueolóxicas dende o ano 1992 en calidade de debuxante, fotógrafo e auxiliar en escavacións arqueolóxicas:); xacemento romano de Cambre (2000); mámoa do Rei 2001(Vilaboa); Castro de Elviña (2002-2003); Alfar Pescadoira (2004); Vila romana de Caldoval (2004-2005), localización e rexistro de gravados rupestres de Campo Lameiro (2007), así como outras tantas intervencións coa empresa TOMOS S.L. e VAN DIVULGACIÓN CULTURAL S.L., dende 1994.

Realizou diversos traballos de debuxo arqueolóxico de materiais arqueolóxicos  como freelance (como os do dolmen de Dombate, domus romana do Cantón Grande…) así como  diversos traballos de ilustración arqueolóxica.

Autor do identificador e imaxe corporativa do “Plan Director do Castro de Elviña” do Concello de A Coruña (1999), do logotipo do proxecto de San Vitor de Barxacova (Concello de Parada de Sil; INORDE; UVigo).

Co-ilustrador da obra de autoría colectiva Certezas alumeadas, de Luís Seoane, publicado por Figurandorecuerdos Edicións.

Na actualidade traballa como debuxante e ilustrador freelance, realizando diversas colaboracións co grupo GIDEP, como a ilustración do caderno A Pedra do Encanto: Os relatos das Vellas Pedras (2018), e Guía de Boas Prácticas na visita aos sitios con arte rupestre (2019).

MeliMolita (Manuela Elizabeth Rodríguez González), Doutora en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. Nace en Venezuela (Valencia, Carabobo) en 1990 e reside dende 1993 en Galicia. Cursou o Grao en Belas Artes, o Máster de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual e o Programa de Doutoramento na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Desenvolve a súa actividade artística en torno á ilustración e á animación audiovisual, contando con instalacións artísticas permanentes no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Provincial de Pontevedra. Tamén destacan os mapas debuxados para Camiño: a Orixe (Cidade da Cultura, 2015) ou a participación en libros ilustrados como Vidas Imaxinarias, de Aira Editorial (2017). En canto á animación, as súas pezas participan nas exposicións Mostra Parque de Animagem (Parque Dona Lindu de Recife, Brasil) e en Perspectives París, en Le Galeria Wagram (París), entre outras.

No ano 2013 obtén o 1º Premio de Creación Audiovisual do Certame Xuventude Crea, cunha peza de animación tradicional; e o 2º na modalidade de cómic en 2018, coa obra Cabelos de Xeo. En 2018 resulta seleccionada como finalista no II Premio Internacional de Ilustración O Salón, e gañadora do Premio Compostela Ilustrada en 2019.

instagram.com/melimolita

https://orcid.org/0000-0002-5631-4741

 

Miguel Á. Álvarez-Vázquez y Elena De Uña-Álvarez (2017): Inventory and Assessment of Fluvial Potholes to Promote Geoheritage Sustainability (Miño River, NW Spain). Geoheritage, 9(4), pp. 549-560. DOI:10.1007/s12371-016-0213-0

Miguel A. Álvarez-Vázquez; Elena De Uña-Álvarez; Beatriz Comendador y Xurxo Costoya (2016): Estado do patrimonio xeomorfolóxico no contorno termal da cidade de Ourense. En: Proxectos INOU 2015 Investigación aplicada na provincia de Ourense. Capítulo 2, pp. 31-51. Publicaciones de la Universidade de Vigo, ISBN 978-84-8158-717-3

Miguel Á. Álvarez-Vázquez y Elena De Uña-Álvarez (2016): Descubriendo el patrimonio geomorfológico en la ciudad (río Miño, Ourense). En: A Geografia Física e a Gestão de Territórios resilientes e sustentáveis, pp. 679-685. Universidade do Minho DGEO-CEGOT, ISBN 978-989-98857-1-4

Elena De Uña-Álvarez; Miguel A. Álvarez-Vázquez y Mª Carmen Cuquejo-Bello (2017): Landform values for rural sustainability: Recognition and assessment in a Spanish-Portuguese border region case study. Moravian Geographical Reports, 25(4), pp. 257-270. DOI: 10.1515/mgr-2017-0022

Elena De Uña-Álvarez y Miguel A. Álvarez-Vázquez (2016): Educación y Patrimonio: Una Estrategia de Enseñanza-Aprendizaje en el Inicio de la Educación Superior. Contexto y Educação, 99, pp. 81-98. DOI: 10.21527/2179-1309.2016.99.81-98

Elena De Uña-Álvarez (2015): Agua, roca, paisaje, patrimonio. En: Paisajes Culturales del Agua, Capítulo 3, pp. 29-36. Publicaciones de la Diputación provincial de Ourense, ISBN 978-84-92554-94-2

Elena De Uña-Álvarez y Miguel A. Álvarez-Vázquez (2015): Patrimonio geomorfológico del agua. Actas do VII Simpósio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Rio Minho, pp. 159-165.

Elena De Uña-Álvarez (2014): Patrimonio geomorfológico y cultura local. Formas graníticas en las iniciativas de uso público (Galicia meridional, noroeste de la Península Ibérica). En: A Jangada de Pedra-Geografias Ibero-Afro-Americanas, pp. 2158-2163. Publicaçoes da Associação Portuguesa de Geógrafos & UMDGEO, ISBN 978-972-99436-8-3

Elena De Uña-Álvarez (2013): A Alta Limia. En: Patrimonio Cultural da Alta Limia, pp. 29-38. Xunta de Galicia & Fundación Barrié, A Coruña. ISBN 978-84-9752-088-1

Elena De Uña-Álvarez (2012): Método del caso y recursos Web. Propuesta para competencias geográficas en el EEES. En: Geografía, Educación y Formación del Profesorado en el marco del Espacio Europeo de Educación Superior, volumen II, pp. 841-853. Asociación de Geógrafos Españoles, Madrid. ISBN 978-84-933457-4-7

Elena De Uña-Álvarez (2012): Perspectivas de la docencia universitaria. Introducción a la Geografía Física. En: Experiencias Docentes Innovadoras en la Educación Superior. pp. 259-264. Educación Editora, ISBN 978-84-15524-05-2

Elena De Uña-Álvarez (2012): Patrimonio geomorfológico en la dimensión local. En: Respuestas de la Geografía Ibérica a la crisis actual (Parte 6: Dinámicas y patrimonio geomorfológico). pp. 1179-1183. Meubook, ISBN 978-84-940469-7-1

Elena De Uña-Álvarez y Montserrat Villarino-Pérez (2011): El marco contemporáneo de la innovación en la docencia universitaria de la Geografía. En: Innovación metodológica y docente en Historia, Arte y Geografía, pp. 328-333. Publicaciones de la USC, ISBN 978-84-9887-932-2

Beatriz Comendador Rey. Introducción. La transferencia de conocimiento en materia de Patrimonio Cultural e Innovación Social. Revista la Ponte-Ecomuséu, nº 4, pp.9-11, 2016.

Beatriz Comendador Rey. Dorinda, la espada y los océanos de tiempo. Revista la Descommunal,Revista iberoamericana de patrimonio y comunidad, n1, pp.33-52, 2016.

Beatriz Comendador Rey. In Need of a Transfusion? The Humanities And Society, And Vice Versa. En, P. AParicio (Ed.) Archaeology and Neoliberalism. JAS Arqueología. Madrid, 2016.

Beatriz Comendador Rey. Al otro lado de la Universidad: aportaciones a un modelos de “Humanismo Mejorado”. Revista la Descommunal, Revista iberoamericana de patrimonio y comunidad,  Año 1, pp.32-56, 2015.

Beatriz Comendador Rey. Consumo y mass media: la imagen especular del pasado en la cultura popular Arqueologia publica en Espana, 2013

Beatriz Comendador Rey. La Actual Formación Universitaria en Arqueología en el marco del EEES: el caso de Galicia. Minius. 20, pp. 157 – 185. Ourense, Galicia(España): Dpto. de Historia, Are y Geografía, Univewrsidad de Vigo, 2012.

Beatriz Comendador Rey. El pasado como paradigma. Charlas de Café: el futuro de la Arqueología en España. pp. 61 – 65. J.A.S. Arqueología, 2011.

Isabel Mociño González, “Xaquín Marín e a Reivindicação da Identidade Galega a partir da Banda Deseñada”, en F. Azevedo, A. Mesquita, A. Balça e S. Reis da Silva (2011) (coords.), Globalização na Literatura Infantil. Vozes, Rostos e Imagens, Raleigh N.C., Estados Unidos: Lulu Entreprises, pp. 185-213, (ISBN: 978-1-4710-1319-5).

Isabel Mociño González (con Eulalia Agrelo Costas e Blanca-Ana Roig Rechou), “Manuel María y la construcción de la identidad a partir de su obra infantil y juvenil”, en Beatriz Rodríguez Rodríguez e Sara Reis da Silva (eds., 2012), Literatura Infantil y Juvenil e Identidades/Literatura para a Infância e Juventude e Identidades, Vigo/Braga: ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil/ELOS. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil/Centro de Investigação em Estudos da Criança (Instituto de Educação – Universidade do Minho), col. Estudos.03, pp. 13-28 (ISBN: 978-972-8952-23-5).

Isabel Mociño González, La guerra civil española en la narrativa infantil y juvenil (1936-2008), editado por Blanca-Ana Roig Rechou, Veljka Ruzicka Kenfel y Ana Margarida Ramos (2012), Porto/Santiago de Compostela: Tropelias&Companhia/Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, col. PerCursos da Literatura Infantojuvenil, n.º 8, (ISBN: 978-989-8582-12-6).

Isabel Mociño González, “Literatura Infantil e Xuvenil e promoción da lectura. A educación literaria dos mediadores”, en S. Álvarez Ledo, M. C. Ferreira Boo e M. Neira Rodríguez (eds., 2013), De la Literatura Infantil a la Promoción de la Lectura, Madrid: CEU Ediciones, pp. 163-180 (ISBN: 978-84-15949-28-2).

Isabel Mociño González, “Orballo da mañá… ou a odisea da inmigración a Europa, de David D. Vázquez Álvarez”, en Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords., 2014), Inmigración/Emigración na LIX, Vigo/Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 313-327 (ISBN: 978-84-9914-723-9).

Isabel Mociño González (con Carmen Ferreira Boo), “The Representation of The Spanish Civil War in Marina Mayoral’s Juvenile Narrative Works”, en Blanca-Ana Roig Rechou e Veljka Ruzicka Kenfel (eds.), The Representations of the Spanish Civil War in European Children’s Literature (1975-2008), Frankfurt am Main: Peter Lang, col. Kinder -und Jugendkultur -literatur und –medien. Theorie- Geschichte – Didaktik, 87, pp. 57-71 (ISBN: 978-3-631-62245-2).

Isabel Mociño González, “La reescritura de mitos en la ciencia ficción infantil y juvenil gallega y portuguesa”, en Augusto, Sara, Alexia Dotras Bravo y Diego Santos Sánchez (eds., 2015). Literatura y Re/escritura, Coimbra: Centro de Literatura Portuguesa, pp. 233-244 (ISBN: 978-972-9126-30-7).

Isabel Mociño González, “Filgueira Valverde na formación do sistema literario infantil e xuvenil”, en Anxo Tarrío Varela (ed.) (2015). Día das Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 89-113 (ISBN: 978-84-16183-82-1).

Isabel Mociño González, Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega, coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2015 (ISBN: 978-84-9914-845-8).

Isabel Mociño González, Libros galegos de onte e hoxe para a nenez e a mocidade (2010-2015), coord. Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Mociño González, Santiago de Compostela: Servizo de Publicación da Universidade de Santiago de Compostela/Instituto de Ciencias da Educación, col. Materiais didácticos, n.º 25, 2015, 241 pp. (ISBN: 978-84-16183-98-2).

Isabel Mociño González, Libros en galego de onte e hoxe para a nenez e a mocidade (2010-2015), coord. Isabel Mociño González e Blanca-Ana Roig Rechou, Santiago de Compostela: Servizo de Publicación da Universidade de Santiago de Compostela/Instituto de Ciencias da Educación, col. Materiais didácticos, n.º 26, 2015, 187 pp.

Isabel Mociño González, “Entre o Reparante, o Entomodelfo e os marmolubios: Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín ou a mitoloxía do cotián”, en Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.), Retorno aos clásicos. Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil, Vigo/ Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/Red Temática LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2015, 573 pp. (ISBN: 978-84-9914-946-2).

Isabel Mociño González, “A Grande Guerra na Literatura Infantil e Xuvenil galega: U-49 de Rafael Lema”, en Mar Fernández, Ana Cristina Macedo, Isabel Mociño e Ana Margarida Ramos (coords.) (2015), De como a Literatura para a Infância e a Juventude «é chamada à guerra». Reflexões sobre os conflitos bélicos na Galiza e em Portugal /De como a Literatura para a Infancia e a Xuventude «é chamada á guerra». Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal, Porto: Tropelias&Companhia/ inED (Universidade de Aveiro), “Estudos e Notas”, pp. 161-175  (ISBN: 978-989-8582-41-6).

Isabel Mociño González, “El mar y la guerra en la narrativa juvenil del escritor gallego Rafael Lema”, en Blanca-Ana Roig Rechou e Riita Oittinen (coords.), A Grey Background in Children’s Literature: Death, Shipwreck, War, and Disasters/ Literatura infantil y juvenil con fondo gris: muerte, naufragios, guerras, y desastres, München: Iudicium, 2016, 318 pp. (ISBN: 978-3-86205-442-8).

Isabel Mociño González, “A educación literaria dos docentes: materia pendente na Educación Infantil e Primaria”, en Cid Fernández, Xosé Manuel (coord.), Estudos e Investigacións na Facultade de Educación de Ourense 100 anos despois de Risco. 15 anos da Facultade de Ciencias da Educación, A Coruña: Andavira Editora, 2016, 512 pp. (ISBN: 978-84-8408-956-8).

Isabel Mociño González, “A forza do simbólico en Sadako e as mil grúas de papel”, en Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.), Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, Vigo/ Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/Red Temática LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2016, 470 pp. (ISBN: 978-84-9121-123-5), pp. 273-284.

Isabel Mociño González, “Atrás do rastro da Balea: desdobrando universos ficcionais em língua galega”, en Ana Margarida Ramos (org.). Aproximaçoes ao Livro-Objeto: das potencialidades criativas às propostas de leitura. Porto: Tropelias&Companhia, col. PerCursos da Literatura Infantojuvenil, n.º 17, 2017, 226 pp. (ISBN: 978-989-8582-54-6). pp. 101-127.

Isabel Mociño González, “Conflictos sociales en la narrativa juvenil gallega: un itinerario posible”, en Carmen Franco-Vázquez e Blanca-Ana Roig Rechou (coords.). Educación literaria y artística: conflictos sociales y bélicos. Barcelona: Graó, col. Análisis y estudios, n.º 2, 2017, pp. 101-122 (ISBN: 978-84-9980-789-0).

Isabel Mociño González, “As mulleres e a infancia no Holocausto nazi de Fume, de Antón Fortes (texto) e Joanna Concejo (ilustracións)”. en Eulalia Agrelo Costas (coord.). Guerras mundiais na Literatura Infantil e Xuvenil galega. Roles de xénero. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico/ Instituto de Ciencias da Educación, col. Materiais didácticos, n.º 27, 2017, 216 pp. (87-101) (ISBN: 978-84-16954-51-3).