Inicio

Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial

Este Grupo de Innovación Docente (GID) xorde da necesidade de establecer unha estrutura de traballo estable de profesorado universitario que ten como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo en relación coa Educación Patrimonial. Ao mesmo tempo, responde á idea de xerar un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros, ámbitos disciplinares e contextos educativos, que comparten obxectivos comúns.

Participantes

Coordinadora: Beatriz Comendador Rey.
Colaboradores/as: Elena de Uña Álvarez, Miguel Ángel Álvarez Vázquez, María Isabel Doval Ruiz, Francisco Javier Rodríguez Martínez, Alma Gómez Rodríguez, Francisco Javier Aguiar Fernández, Isabel Mociño González, Adela Vázquez Veiga, Andrea Mouriño Shick e Víctor Vázquez Collazo.

Consultar

Obxectivos

Potenciar a colaboración transversal e intercambio de experiencias na investigación en educación patrimonial e innovación didáctica a través das redes sociais e medios virtuais.

Coñecer os obxectivos