Os nosos obxectivos, en consonancia cos do PNEyP, dos que deriva o RIEP, e cos dos Grupos de Innovación Docente da Universidade de Vigo son os seguintes:
Defender a educación patrimonial como unha peza clave na protección e xestión patrimonial.
Facer visibles e difundir as accións en educación patrimonial e a transferencia de coñecemento no ámbito das Artes e Humanidades e a súa rendibilidade cultural, identitaria e social e para a promoción da igualdade de xénero.
Xerar impacto nos medios de comunicación, redes sociais e outros medios virtuais na formación patrimonial da sociedade, afondando nas posibilidades de localización, intercambio, debate e difusión que permiten as tecnoloxías da información e comunicación (construción de sistemas diversos e para distintos contornos: web, móbil etc.).
Contribuír á formación de educadores/as, xestores/as e axentes (transferencia).
Promover a investigación en educación patrimonial e innovación na didáctica do patrimonio, conectada tamén aos niveis dos futuros universitarios.
|
Potenciar a presenza de redes activas de colaboración transversal que se ocupen da difusión e comunicación do Patrimonio, para facilitar o intercambio de experiencias.
Favorecer a participación activa do profesorado nun equipo estable de ámbito transdisciplinar que promova accións de innovación, inclusión, renovación de metodoloxías educativas inclusivas e colaborativas e afondamento nas competencias docentes no ámbito da educación patrimonial nos ámbitos formal, non formal e informal.
Introducir o debate académico e social sobre o rol que xoga a innovación social no campo do patrimonio cultural mediante a organización e participación en xornadas e debates científicos.
Outorgar maior recoñecemento, proxección e difusión ás accións, así como ao profesorado implicado.
Contribuír a xerar unha cultura cooperativa, interdisciplinaria e de formación permanente para o desenvolvemento profesional do profesorado.
Priorizar a orientación dos traballos do profesorado á consecución de resultados que teñan impacto na mellora da calidade da docencia na Universidade de Vigo.
Establecer contactos e colaboracións con outras redes ou colectivos nacionais e internacionais que teñan intereses converxentes.
|