Grupo de Innovación Docente en EducAcción Patrimonial (GIDEP) pretende converterse nunha rede de innovación docente.As redes están converténdose hoxe en día na forma organizativa máis importante do noso tempo, dando un xiro á actividade en xeral e dos centros educativos en particular, aínda que na universidade española son escasas.

As redes educativas son estruturas intencionais, con intereses e obxectivos comúns nos que todos os membros teñen a posibilidade de traballar e responsabilizarse en igualdade. Isto xera unha cohesión de grupo grande que incrementa a confianza, así como o fortalecemento das relacións satisfactorias.

As estruturas organizativas que se xeran dentro das redes ofrecen oportunidades de aprendizaxe aos/ás profesionais, permitindo detectar as necesidades de xestión e de dirección.

As redes favorecen o cambio, ofrecendo un medio para exercer o liderado e a responsabilidade compartida, na que persoas diferentes contribúan en funcións distintas, dando lugar a un liderado distribuído.