Inicio
Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial
Este Grupo de Innovación Docente (GID) xorde da necesidade de establecer unha estrutura de traballo estable de profesorado universitario que ten como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo en relación coa Educación Patrimonial. Ao mesmo tempo, responde á idea de xerar un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros, ámbitos disciplinares e contextos educativos, que comparten obxectivos comúns.
Participantes
Coordinadora: Beatriz Comendador Rey.
Integrantes: Elena de Uña Álvarez, Miguel Ángel Álvarez Vázquez, María Isabel Doval Ruiz, Francisco Javier Rodríguez Martínez, Alma Gómez Rodríguez, Francisco Javier Aguiar Fernández, Isabel Mociño González, Carmen Pérez Maestro, Andrea Mouriño Shick, Lucía Rodríguez Álvarez, Mª Luz Rodríguez Blanco
Colaboradores/as: Adela Vázquez Veiga, Begoña Garrido Labrador, Eduardo Méndez Quintas, Andrea Serodio Domínguez, Víctor Vázquez Collazo,Manuela Elizabeth Rodríguez (MeliMolita)
Obxectivos
Potenciar a colaboración transversal e intercambio de experiencias na investigación en educación patrimonial e innovación didáctica a través das redes sociais e medios virtuais.